publicidade hoxe

Localizan o cadáver dunha anciá desaparecida en Sandiás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSandiásSucesos
A-
A+

O corpo sen vida dunha muller de 71 anos, que desaparecera na xornada do sábado, foi atopado sen vida este domingo no municipio ourensán de Sandiás.

Segundo explicaron fontes da Xunta, a muller foi achada ás 11,10 horas deste domingo nunha canle situada nas proximidades da súa vivenda, situada no lugar de As Pegas.

A familia da muller alertou da desaparición pouco despois das 15,00 horas do sábado, momento a partir de cual púxose en marcha un operativo de busca.

As mesmas fontes precisaron que neste dispositivo participaron efectivos de Protección Civil de Allariz e Xinzo de Limia, así como a Garda Civil de Xinzo, os cales, precisamente, deron co corpo esta mañá.

Polo momento descoñécense as causas polas que a muller faleceu neste punto, cuestión que investiga a Garda Civil.

4 de xaneiro de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.