publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Evacuadas dúas persoas por intoxicación por un escape de gas no concello lugués de Begonte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegontePortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home de idade avanzada e a súa filla foron evacuados na noite deste venres afectados por intoxicación de gas debido supuestamente a un escape rexistrado na súa vivenda no municipio de Begonte (Lugo).

Segundo informou o 112, os feitos sucederon no domicilio dos afectados situado no lugar da Pena, no municipio de Begonte. Foi un particular o que chamou ao CAE 112 Galicia para alertar da falta destes dous veciños.

Por iso, ante a sospeita e o temor do alertante a que lles podía estar pasando algo na casa, o CAE 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Vilalba que, unha vez no domicilio, acharon ás dúas persoas “bastante desorientadas”, precisou o 112.

Os bombeiros procederon a facer as correspondentes medicións, que deron positivo, pero descoñécense as causas que puideron orixinar a fuga. O persoal da empresa suministradora do gas tamén foi informado do sucedido.

Tras recibir o aviso ás 23,44 horas deste venres, segundo sinalaron fontes sanitarias, Urxencias Sanitarias de Galicia desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Outeiro de Rei.

No lugar dos feitos o persoal sanitario atendeu a dous pacientes intoxicados por gas, supuestamente monóxido de carbono, probablemente debido a un escape.

Segundo sinalaron fontes sanitarias, foron evacuados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo unha muller de 50 anos, A.C.V., e o seu pai, o varón H.C.F., de 83 anos de idade.

31 de xaneiro de 2015 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.