publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bota a andar a campaña ‘Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaMelidePalas de ReiPortada dereitaSantisoToques
A-
A+
Valentín García acompañou aos catro rexedores dos concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei

Valentín García acompañou os catro rexedores dos concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora con catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística na nova campaña de promoción do uso do galego “Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego”, impulsada desde o servizo lingüístico que Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei teñen en funcionamento conxuntamente.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na rolda de prensa na que José Antonio Castro, alcalde de Toques; Ánxeles Vázquez, alcaldesa de Melide; Manuel Adán, alcalde de Santiso; e Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, deron a coñecer a iniciativa acompañados de Xaquín Vázquez, técnico responsable do servizo lingüístico impulsor.

García Gómez destacou a posta en marcha deste proxecto conxunto como “mostra de colaboración e de cooperación das administracións na dinamización da lingua galega”.

Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego

“Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego” é unha campaña de normalización lingüística por medio da que se distribuirán 500 calendarios que darán a coñecer patrimonio medieval artístico e lingüístico dos concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei.

O obxectivo da iniciativa é difundir e poñer en valor entre a cidadanía este pasado cultural das comarcas da Terra de Melide e A Ulloa, incidindo na promoción social do uso da lingua propia de Galicia e no feito de que, durante séculos, o galego foi unha lingua plenamente normalizada nestes territorios. Abondosa documentación escrita amosa que era empregada en todos os ámbitos e por todas as clases sociais (na administración, no eido notarial, nos mosteiros etc.).

21 de xaneiro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.