publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha mariscadora foi rescatada tras caer dunhas rochas en Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOiaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Garda rescataron este venres a unha muller que caeu nas rochas mentres faenaba no lugar de Pedrones, no municipio pontevedrés de Oia. A muller foi traslada ao centro hospitalario de referencia na zona.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia alertaron do suceso sobre as 11,30 horas, e, tras encontrarse con dificultades para acceder á persoa, solicitaron medios para poder facer o rescate.

Por iso, ata o lugar trasladáronse os efectivos do GES da Garda que, en colaboración cos servizos sanitarios e as testemuñas que se encontraban no lugar, procederon a rescatar a muller. Tamén se solicitou a colaboración da Garda Civil.

26 de decembro de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.