publicidade hoxe

Unha discusión por motivos económicos sería a posible causa dos dous homicidios de Abadiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroGalicia exteriorPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

O motivo dos dous homicidios cometidos este pasado mércores en Abadiño (Biscaia) por un home, de orixe galega, contra a súa esposa e a súa sogra sería, supostamente, unha discusión familiar por motivos económicos, segundo confirmaron fontes do Departamento vasco de Seguridade.

Esta hipótese cobra forza para a Ertzaintza, mentres o acusado do dobre crime pasará a disposición xudicial ao longo deste venres baixo a acusación de homicidio.

Polo momento, o detido, o ourensán Benito Quintairos, permanece en dependencias da Ertzaintza en Durango, ás que foi conducido, pouco antes das oito da tarde do mércores, para prestar declaración.

Os indicios recolleitos na carpintaría, así como outros datos da investigación recompilados pola Policía vasca, avalaron a detención de Quintairos baixo a acusación de homicidio.

Outras fontes da investigación consultadas aseguran que o arrestado confesou, durante a súa declaración, a autoría de ambos os crimes. Está tamén previsto que, ao longo da mañá, se coñeza o resultado da autopsia practicada á esposa do suposto homicida, Mari Luz Afasto, e á súa sogra, Amelia Rodríguez.

11 de decembro de 2014 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.