publicidade hoxe

Javier Rodríguez é destituído da consellería de Sanidade de Madrid tras as polémicas declaracións sobre Teresa Romero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press
Javier Rodríguez

Javier Rodríguez

O presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, destituíu este mediodía o conselleiro de Sanidade, Javier Rodríguez, ao que substituirá o médico cirurxián Javier Maldonado, segundo informaron fontes do Executivo rexional.

Este cesamento prodúcese no medio da polémica xerada por Javier Rodríguez en relación á auxiliar de enfermaría galega Teresa Romero tras o seu contaxio por virus do ébola. De feito, as polémicas declaracións realizadas polo exconselleiro levaron a Teresa Romero a interpoñer unha querela contra el por atentar supostamente contra a súa honra.

González mantivo unha reunión co conselleiro ás 12,45 horas, despois do Consello de Goberno, na que lle solicitou o seu cesamento, que foi aceptado inmediatamente por o ata agora máximo responsable da Sanidade madrileña.

No encontro, o presidente agradeceu “o extraordinario traballo e dedicación” de Rodríguez á fronte da consellaría, así como a “súa magnífica xestión” dende que foi nomeado que o pasado 27 de xaneiro, despois da saída de Javier Fernández Lasquetty tras fracasar o seu proxecto de externalización de varios hospitais públicos.

O cesamento produciuse despois de que o mércores Javier Rodríguez realizase unhas declaracións nas que asegurou que se el “o fixese mal” Teresa Romero – a enfermeira contaxiada por ébola e xa curada – “non estaría a falar”. “O que teño que facer é felicitarnos porque non morreu e porque tivera un final feliz”, engadiu.

“PUIDO ESTAR A MENTIR”

Dous meses antes, durante a crise do ébola, o ata hoxe conselleiro afirmou que Romero “ocultou” á médica de Atención Primaria que estivera a tratar o misioneiro Manuel García Viejo e dixo que “puido estar a mentir” sobre a súa febre.

Nesa mesma Comisión de Sanidade, Rodríguez manifestou, en alusión á enfermeira contaxiada, que “quizais porque ela sospeitaba que estaba infectada, durante toda a semana practicamente non saíu da súa casa”, así como que “despois de ir ao médico foise ao salón de peiteado e estivérona a depilar”.

“Tamén é verdade que a raíz dos resultados nos puido estar a mentir, pero iso o poño eu da miña colleita”, engadiu Javier Rodríguez. Noutras declaracións chegou a afirmar que “para quitar ou poñerse un traxe non fai falta un máster”.

NOVO CONSELLEIRO

O recén nomeado conselleiro de Sanidade, Javier Maldonado González, era ata a data viceconselleiro de Asistencia Sanitaria da Comunidade de Madrid. É medico cirurxián e chegou ao departamento rexional procedente do Hospital Ramón e Cajal, onde ocupou o cargo de xerente. Tamén foi director médico do Hospital da Paz de Madrid.

Maldonado tomará posesión do seu cargo este venres, despois do acto en conmemoración do Día da Constitución que celebra a Comunidade e a Delegación do Goberno na Real Casa de Correos.

4 de decembro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.