Intoxicado un home por un incendio na súa vivenda no concello da Rúa en Ourense
Un home resultou intoxicado por inhalación de fume nun incendio acontecido na mañá do mércores na súa vivenda no concello ourensá da Rúa.
Segundo informa o CAE 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron o Hospital de Valdeorras ao home tras arder unha porta na súa vivenda situada en Praza Fontei.
O lume declarouse arredor das 9,00 horas do mércores e ata o lugar desprazáronse, entre outros medios, Bombeiros de Valdeorras, Protección Civil e Urxencias Médicas.