publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous falecidos nun accidente laboral en Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValga
A-
A+
Europa Press

Dous varóns de 22 e 43 anos de idade faleceron este venres nun accidente laboral rexistrado ao caer dunha altura ao envorcar unha máquina elevadora no municipio de Valga (Pontevedra).

Segundo confirmou a Garda Civil, o accidente laboral sucedeu sobre as 12,15 horas deste venres no recinto dunha empresa de aluminios, Extrugasa, no termo municipal de Valga.

Os dous falecidos eran traballadores dunha compañía contratada para a construción dunha nave e caeron dunha altura de “entre 15 e 20 metros” de altura ao envorcar o elevador no que se atopaban.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como un helicóptero medicalizado e persoal sanitario do centro de saúde de Valga.

No punto foron atendidos dous pacientes, que faleceron no lugar, un varón de 22 anos, J.G.V., e outro de 43 anos, J.V.T., segundo sinalaron fontes sanitarias.

5 de decembro de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.