publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un raio queima a instalación eléctrica dun baixo en Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutesPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A caída dun raio na mañá deste martes queimou a instalación eléctrica dun baixo no termo municipal de Outes (A Coruña), pero non houbo persoas feridas.

Segundo os datos facilitados polo 112, ás 9,12 horas un alertante indicou que se produciu un incendio por mor da caída dun raio nunha casa da Avenida San Campio onde, ademais, había bombonas, que foron retiradas sen problemas.

Foron mobilizados os Bombeiros de Boiro, que desprazaron unha dotación; así como o GES de Muros e a Policía Local, que confirmou que o raio afectou a un farol e pasou á instalación eléctrica dun baixo do edificio.

As mesmas fontes confirmaron que non ardeu o baixo nin houbo persoas afectadas, senón que unicamente se queimou a instalación eléctrica do baixo do inmoble.

4 de novembro de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.