Teresa Romero acepta recibir a distinción de filla adoptiva de Becerreá
A auxiliar de enfermaría de orixe galega que superou o ébola, Teresa Romero, anunciou este luns que acepta o ofrecemento do alcalde de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez, de recibir a distinción de filla adoptiva do municipio no que reside a súa nai.
Tras unha reunión este luns con Teresa Romero e o seu marido, Javier Limón, o alcalde mostrou o seu “orgullo e satisfacción” tras a decisión de Romero de recibir este recoñecemento por parte do municipio no que reside a súa nai.
“Explicámoslles en que consistía o distintivo e aceptaron. A nós énchenos de orgullo e satisfacción que Teresa Romero, pola súa calidade humana, sexa nomeada filla adoptiva, recoñecemento que se outorga a persoas que non naceron no municipio”, explicou o rexedor.
O Concello aprobará o nomeamento de filla adoptiva nun pleno extraordinario e faráselle entrega da distinción “previsiblemente en decembro, na ponte ou en Nadal, porque ela terá que ir a Madrid a revisións médicas”.