publicidade hoxe

Revisan imaxes de cámaras no operativo de busca da octoxenaria desaparecida en Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNegreiraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A busca da octoxenaria Josefina Forján Caamaño, desaparecida o venres pasado, 14 de novembro, no municipio coruñés de Negreira, continúa sen novidade este xoves. No marco do rastrexo, están a revisar as imaxes das cámaras de seguridade de gasolineiras da zona.

Segundo informaron fontes do dispositivo, as últimas pistas da anciá corresponden ao sábado pasado, cando viron camiñando pola estrada a unha muller “algo máis ao Norte” de Ceilán de características similares á desaparecida.

Agora, ademais, intentan comprobar en imaxes de cámaras de seguridade se a muller puido cruzar a calzada pola zona para tratar de localizar o seu paradoiro.

Este xoves efectivos da Guardia Civil seguen con voluntarios e veciños o rastrexo. A familia da desaparecida indicou que considera “moi importante” esta colaboración para “cubrir todo outra vez” para achar a muller.

Josefina Forján Caamaño, de 82 anos de idade e 1,52 metros de estatura, ten pelo curto liso castaño e ollos verdes. Cando foi vista por última vez vestía gabardina marrón longa, faldra azul mariño, xersei rosa de la, zapatillas deportivas negras e portaba un paraugas negro.

Ademais, a muller leva lentes, cunha das lentes fragmentada; pendentes tipo colgante; e un cordón branco que porta ao pescozo coa chave da casa; así como un reloxo de pulseira dourado no pulso dereito.

20 de novembro de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.