publicidade hoxe

Piden 10 anos de prisión para un veciño da Veiga acusado de abusar da súa irmá minusválida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O fiscal de Ourense pide 10 anos de prisión para un veciño da Veiga acusado dun delito continuado de abusos sexuais contra a súa irmá minusválida. O xuízo desenvolveuse a porta pechada na Audiencia Provincial.

Fontes xurídicas detallaron que a denuncia polo delito foi presentada por unha traballadora social no xulgado do Barco e que os informes forense e psicolóxicos consideraron que as lesións da vítima, e o seu relato, son compatibles coa existencia dos abusos, acontecidos no ano 2011 durante ausencias do resto da familia e cando o acusado tiña 40 anos e a súa vítima 35.

Pola súa parte, a avogada do acusado, A.A.P., indicou que pediu a libre absolución do seu defendido porque “non é o autor nin cometeu ese delito”. Non houbo acusación particular e o xuízo prolongouse durante unha hora antes de quedar visto para sentenza.

Por outra banda, a Audiencia Provincial de Ourense acolleu este xoves outro xuízo, dúas horas despois do primeiro, por un delito de violencia doméstica polo que o fiscal pediu un ano de prisión para o acusado. En fronte, a acusación particular, exercida pola súa suposta vítima, reclamou un ano de prisión por lesións e outros sete por abuso sexual.

6 de novembro de 2014 | 20:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.