publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

os alcaldes do BNG analizarán novos sistemas de xestión de residuos en Euskadi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCarnotaGaliciaGalicia exteriorLocal PortadaRiotortoSan Sadurniño
A-
A+
Europa Press

Unha delegación de alcaldes e de responsables políticos en materia de medio ambiente do BNG participarán este fin de semana en Euskadi nun programa de traballo para coñecer o funcionamento de alternativas ao tratamento de residuos que sexan sustentables e que están en marcha en diversos concellos vascos.

O BNG considera que a xestión de residuos baseada no modelo de Sogama “non é sustentable nin desde o punto de vista ambiental, nin económico”, e aposta por “alternativas que profunden na redución, reciclaxe e reutilización”, e que, ademais, “minimicen a incineración”.

Así, os alcaldes de Allariz, Riotorto, San Sadurniño e Carnota coñecerán de primeira man o funcionamento da planta de compostaxe de Lapatx, que trata os residuos orgánicos domésticos dos municipios de Guipúzcoa.

Tamén realizarán unha visita ao Concello de Hernani, exemplo do modelo de xestión de residuos porta a porta, que ofrece índices de recuperación e de reciclaxe superiores ao 80 por cento. Ademais, os alcaldes nacionalistas visitarán diversos puntos de recollida e de compostaxe comunitaria.

As características en termos poboacionais e de tamaño dos lugares a visitar, xunto coa dimensión da propia planta de Lapatax fan que estas alternativas sexan de “especial interese” para os concellos de tamaño medio e pequeno como os municipios galegos, segundo explica o BNG.

14 de novembro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.