publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde da Baña foi absolto de suposta manipulación do censo electoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA CoruñaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O titular do Xulgado do Penal número 2 da Coruña, José Antonio Vázquez Taín, absolveu ao alcalde da Baña, José Andrés García Cardeso, do PP, dos dous delitos de prevaricación administrativa que lle imputaba a Fiscalía e polos que solicitaba 20 anos de inhabilitación.

En concreto, o Ministerio Público acusábao de manipular o censo electoral en vésperas dos comicios de 2007, que gañou. No xuízo, retirou un dos tres delitos de prevaricación administrativa que lle imputaba polo que rebaixou de 28 a 20 anos da súa solicitude de inhabilitación.

Agora, no fallo, feito público polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz desestima os argumentos do fiscal, que retirou o delito sobre supostos atrasos ou negativas a dar de alta a electores que solicitaran a súa inclusión no censo.

Pola contra, mantivo os relativos ás actuacións do Concello fronte aos oficios da Oficina do Censo e unha segunda acusación centrada no expurgo realizado polo Concello en relación ao citado censo.

ARGUMENTOS

Sobre a primeira acusación, o xuíz afirma que “sorprende que a Fiscalía considere que realizar un informe respecto de se unha decena de persoas residen ou non no Concello nuns dez días, sen medios persoais específicos, sexa inadmisible”. Respecto diso, subliña que o informe foi solicitado “e así se realiza”.

Tampouco ve “estraño” o expurgo efectuado polo Concello en relación ao censo electoral. Sobre o mesmo, di que se seguiu o procedemento legal” e non considera acreditado que a modificación do censo “afecte de ningún xeito aos resultados electorais”.

“Tan axustado a dereito foi o procedemento de expurgo que mesmo algunhas das persoas respecto das que se denuncia a súa baixa arbitraria, a propia Oficina do Censo considerounas correctamente dadas de baixa”, precisa.

POSIBLES IRREGULARIDADES

En relación a este caso, afirma que “unicamente poden apreciarse irregularidades na situación censal de determinadas persoas máis ou menos próximas ao alcalde que, aparentemente carecían de suficiente vinculación coa Baña ou carecían de residencia, pero este feito non foi obxecto de acusación”, remarca.

Por outra banda, no seu fallo, contra o que cabe recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña, sinala que “o censo electoral estaba pechado polo que a actuación do acusado non afectaba xa ás eleccións convocadas” e insiste en que non se aprecia unha infracción normativa nin unha finalidade ilícita”.

7 de novembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.