publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas mulleres resultan feridas en senllos accidentes de tráfico en Lugo e Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas mulleres resultaron feridas en senllos accidentes de tráfico rexistrados na mañá deste luns nos municipios de Lugo e Cerceda (A Coruña).

Segundo os datos facilitados polo 112, sobre as 8,54 horas tivo lugar unha colisión de dous vehículos, un dos cales se saíu da vía ao pasar a gasolineira de Carqueixo, no lugar de Barbaín, en Lugo.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que trasladou a unha muller de 51 anos policontusionada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo sinalaron fontes sanitarias.

Mentres, sobre as 9,39 horas ocorreu unha saída de vía na estrada de Silva a Cerceda ao seu paso polo municipio coruñés de Cerceda, que se saldou cunha muller traslada en ambulancia asistencial ao Hospital Quirón, na Coruña.

3 de novembro de 2014 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.