publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen en Barbadás a un veciño de Badajoz ao que se lle imputa o asalto a unha farmacia en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásPortada dereitaSucesosVerín
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Tráfico detivo un veciño de Badajoz que era buscado por varios xulgados tras ser interceptado cando circulaba pola beiravía da autovía A-52 no termo municipal de Barbadás (Ourense). Ao individuo impútaselle o roubo con intimidación cometido nunha farmacia de Verín o mes pasado.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 20,00 horas do xoves 13 de novembro foi arrestado J.D.D., de 45 anos e con domicilio en Badajoz, en virtude de catro ordes de detención e personación ditadas polos xulgados de Verín, Ourense, Madrid e Salamanca.

O detido, segundo relata a Benemérita, foi observado por unha patrulla de tráfico transitando pola beiravía da autovía A-52 no quilómetro 226, no termo municipal de Barbadás. Cando foi requirido polos axentes por se tiña algún problema, informou que non.

Polo que os axentes procederon á súa identificación e constataron que lle constaban varias requisitorias en vigor. En concreto, ao individuo impútaselle o roubo con intimidación cometido nunha farmacia de Verín o mes pasado.

As dilixencias instruídas en relación aos feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.

14 de novembro de 2014 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.