A doutora que atendeu a Teresa Romero queréllase contra contra ela por inxurias e calumnias
A médico que atendeu a Teresa Romero no centro de saúde de Alcorcón anunciou este xoves que presentará unha querela contra a auxiliar de enfermaría por un delito de inxurias e calumnias.
Así o sinalou a súa avogada nun comunicado no que sinala que haberá, como paso previo, unha demanda de conciliación para evitar que se vaia a xuízo.
Trátase da doutora de Atención Primaria que atendeu a Romero o pasado 2 de outubro no centro de saúde Pedro Laín Entralgo de Alcorcón.
Deste xeito, desmente que acudise seis días antes de ser ingresada, xa que o fixo catro días antes de entrar no Hospital Carlos III.
Tamén nega a doutora que a paciente lle comunicase ao seu médico de atención primaria ter un pico de febre de ata 38,7 ºC, o que queda reflectido no historial clínico rexistrado con esa data.
NON LLE INFORMOU QUE ESTIVO EN CONTACTO CON DIAGNOSTICADOS
Ademais, desmente que Teresa Romero informase á súa doutora de que estivese en contacto con persoas diagnósticadas de ébola, tal e como ela sempre mantivo.
Deste xeito, a letrada recalca que debido á “non revelación do antecedente de exposición ao virus do ébola”, a doutora realizou unha exploración física sen ningunha medida de protección e sen utilizar luvas nin máscara.
Por todo iso, a defensa do médico entende que estes feitos son constitutivos dun delito de inxurias e calumnias con publicidade. Así, anuncia que vai interpor nos próximos días unha demanda de conciliación previa a unha querela polos citados delitos contra Teresa Romero.