publicidade hoxe

Varios países analizan o momento óptimo para obter o soro de Teresa Romero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáGaliciaGalicia exterior
A-
A+
Europa Press

Varios países xa están a analizar cando obter o soro da auxiliar de enfermaría Teresa Romero, contaxiada polo ébola tras atender ao sacerdote Manuel García Viejo, e que deu negativo na primeira proba para detectar a presenza do ébola no seu organismo.

Así o asegurou o membro do Comité especial para a xestión do ébola e profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, Luís Enjuanes, nunha entrevista en Antena 3.

“Agora estase determinando en varios países cando é o momento óptimo para obter o seu soro xa que estes soros van mellorando co tempo, debido a que aumentan a actividade contra o virus e a súa capacidade neutralizante”, sinalou.

Así mesmo, Enjuanes informou de que a edema pulmonar de Romero está a reducirse “moi rapidamente”. Unha “moi boa noticia” se se ten en conta que a auxiliar tiña especialmente afectados os pulmóns aínda que, segundo asegurou, os tratamentos aos que foi sometida no Hospital Carlos III de Madrid están a conseguir recuperar a súa función pulmonar.

Por iso, e debido a que a auxiliar ten 44 anos, o experto comentou que, “previsiblemente”, non vai ter secuelas unha vez supere a enfermidade. Romero deberase de someter este martes a novas probas para descartar definitivamente a existencia do virus.

20 de outubro de 2014 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.