publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece en Riotorto tras chocar un turismo e unha furgoneta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRiotortoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar un turismo e unha furgoneta no termo municipal de Riotorto (Lugo).

O sinistro tivo lugar sobre as 9,10 horas no quilómetro 47 da estrada N-640 no lugar de Casanova, no municipio de Riotorto, segundo os datos facilitados polo 112.

A vítima estaba atrapada no interior do turismo, segundo indicou o servizo de emerxencias, polo que o CAE 112 Galicia pediu a intervención dun equipo de excarceración dos Bombeiros de Barreiros.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia e un médico, que confirmou no punto o falecemento dun home, segundo sinalaron fontes sanitarias.

SAÍDA DE VÍA

Ademais, sobre as 8,20 horas deste luns rexistrouse a saída de vía dun vehículo na autovía A-54 que envorcou, tras o que tivo que ser rescatada a condutora do turismo.

Como consecuencia do impacto, a persoa que viaxaba no coche quedou atrapada e necesitou axuda dos efectivos do parque municipal dos Bombeiros de Santiago para poder saír.

Unha vez liberada, a muller ferida, duns 32 anos de idade, cuxo estado de saúde non reviste gravidade, foi atendida por unha ambulancia medicalizada do 061 e trasladada nunha asistencial ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), segundo confirmaron fontes sanitarias.

27 de outubro de 2014 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.