publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un condutor resulta ferido grave tras saírse da vía en Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValga
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros da Mancomunidade do Salnés rescataron na mañá deste mércores ao condutor dun vehículo atrapado tras saírse da vía no municipio de Valga (Pontevedra), que resultou ferido grave.

Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar sobre as 8,07 horas cando o vehículo circulaba polo lugar da Devesa, no termo municipal de Valga.

Os servizos sanitarios de urxencia constataron que o ferido non estaba atrapado polos ferros do turismo pero, debido ao “delicado estado de saúde no que se atopaba”, segundo concretou o 112, eran necesarios medios de excarceración para efectuar o rescate.

Por iso, o CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, da Garda Civil de Tráfico e de efectivos do GES de Valga.

Pola súa banda, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e un médico de primaria da zona para atender ao ferido, R.T.R., de 30 anos, que foi evacuado en estado grave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

29 de outubro de 2014 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.