publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tomás Fajardo elixido presidente da Federación Galega de Confrarías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBueuLocal PortadaLugoO VicedoPontevedraPortada esquerdaPorto do Son
A-
A+

O patrón maior da confraría de Porto do Son (A Coruña), Tomás Fajardo, foi elixido este sábado novo presidente da Federación Galega de Confrarías nunha xornada electoral desenvolvida “sen incidencias” e á que asistiron un total de 107 representantes de 59 depósitos galegos.

   Diso informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, que explicou que como vicepresidenta primeira foi electa a patroa maior de Vicedo (Lugo), Faustina Solloso; e como vicepresidente segundo o patrón maior da confraría de Bueu (Pontevedra), José Manuel Rosas.

   De acordo co calendario electoral, o vindeiro luns 13 de outubro iníciase o prazo de presentación de recursos sobre a elección destes órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que terminará o día 15.

   Xa o 21 de outubro finalizará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e, ao día seguinte, farase a súa proclamación definitiva. Por último, para o 23 de outubro está prevista a toma de posesión dos órganos reitores da Federación.

11 de outubro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.