publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os restos óseos atopados nun monte da Lama en 2013 corresponden a un recluso desaparecido durante un permiso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdidoPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Os restos óseos localizados en agosto de 2013 nunha zona de difícil acceso nos montes da Fraga-Berducido, na Lama (Pontevedra), corresponden a un recluso desaparecido un ano antes, en 2012, durante un permiso carcerario.

   Así o informou este martes a Garda Civil de Pontevedra, que durante este período realizou distintas probas en colaboración co Instituto Nacional de Toxicoloxía e o Departamento de Bioloxía do Servizo de Criminalística do Corpo.

   Os restos óseos corresponden a José Manuel Filloy Sieiro, un veciño de Cerdido de 41 anos que se atopaba desaparecido dende a súa saída con permiso penitenciario do Centro de Pereiro de Aguiar (Ourense) o 11 de Decembro de 2012. O home cumpría condena por varios delitos contra o patrimonio.

   Tras a súa identificación, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra continúa coas investigacións co fin de poder descubrir as circunstancias e causas do falecemento.

14 de outubro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.