Evacuan a un home afectado por inhalación de fume por mor dun incendio na súa vivenda en Becerreá
Os servizos de emerxencia evacuaron na mañá deste xoves a un home afectado por inhalación de fume por mor dun incendio declarado na súa vivenda, en Becerreá (Lugo).
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o incendio iniciouse sobre as 8.00 horas deste xoves nunha vivenda da Avenida de Madrid, en Becerreá, por mor dunha pota. A pesar de que o lume non adquiriu intensidade, si causou abundante fume.
Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, o GES de Becerreá e os Bombeiros de Sarria, aínda que finalmente non tiveron que actuar. O 061 decidiu trasladar ao ocupante da casa ao Centro de Saúde por inhalación de fume.