publicidade hoxe

Catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple en Coristanco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristancoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Catro persoas resultaron feridas este luns nun accidente con tres vehículos implicados na localidade coruñesa de Coristanco, tal e como informou o 112.

   Delas, segundo os datos da central de emerxencias, dous –o piloto e o copiloto– quedaron atrapadas dentro dun dos turismos que padeceron a colisión.

   Tras a súa excarceración por parte dos Bombeiros de Carballo, ao igual que os outros dous feridos, foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) polo 061-Urxencias Médicas.

   Os feitos tiveron lugar sobre as 16,30 horas na AC-552, que vai de Coristanco a Fisterra, e ata o lugar acudiron –ademais do 061 e os Bombeiros–, a Garda Civil de Tráfico, o Grupo de Emerxencia supramunicipal de Ponteceso e Protección Civil de Coristanco e Cabana de Bergantiños.

   Así mesmo, segundo o 112, foi necesaria a presenza do persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada, que se encargou de retirar os residuos da vía.

13 de outubro de 2014 | 23:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.