publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arquívase a causa contra o exedil lucense Lino González pola retirada duns carteis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal PortadaLugoLugoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, decretou o sobresemento provisional e o arquivo da causa contra o exconcelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente lucense Lino González Dopeso pola retirada duns carteis na capital lucense que anunciaba a feira do queixo de Friol.

Nun auto con data 21 de outubro notificado este martes 28, a xuíza alega que “non parece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á formación da causa”, polo que “procede decretar o sobresemento provisional das actuacións”, engade.

A xuíza decreta, segundo se recolle no auto, o “sobresemento provisional” da causa e sinala que se procede “ao arquivo destas actuacións”.

O pasado 22 de setembro, o exedil acudira a declarar nos xulgados lucenses debido á denuncia do Concello de Friol pola retirada duns carteis na capital lucense que anunciaba a feira do queixo.

Segundo a denuncia, a retirada dos carteis anunciadores supostamente produciríase por parte de persoal de Urbaser nos anos 2011 e 2012, atendendo supostamente, segundo denunciaban, as instrucións do exedil socialista.

29 de outubro de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.