publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador falece en Valdoviño ao ser atropelado por un camión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValdoviño
A-
A+
Europa Press

Un operario perdeu a vida este xoves ao ser atropelado por un camión que circulaba marcha atrás cando se atopaba traballando no lugar de Casas Novas, en Valdoviño (A Coruña).

Segundo o último parte da Central de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a alerta activouse ás 13,20 horas, despois de que un particular avisase do ocorrido.

Foron mobilizados medios de Urxencias Médicas, da Policía Local, Garda Civil e Grupo de Emerxencias Municipais (GES) de Mugardos. A vítima estaba liberada, polo que se descartou a intervención dun equipo de excarceración.

11 de setembro de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.