publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un atracador morde ao dono do estanco que intentaba asaltar na Valenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo un veciño de Ourense polo intento de atraco a un estanco no municipio ourensano da Valenzá, durante o que mordeu o propietario no forcexo.

Segundo informaron fontes da investigación, os feitos sucederon sobre as 14,00 horas deste martes nun estanco da Valenzá onde foi retido o atracador polos propietarios do establecemento.

As mesmas fontes indicaron que o atracador empregou unha arma simulada e o propietario do local sufriu unha dentada do atracador durante o forcexo.

Foron mobilizados a Garda Civil e a Policía Local. O individuo, identificado como A.F., de 39 anos e veciño Ourense, foi detido.

16 de setembro de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.