publicidade hoxe

O PP presenta aos seus candidatos da área de Santiago

Candidatos á alcaldía polo PP nos concellos da area de Santiago

Candidatos á alcaldía polo PP nos concellos da area de Santiago

O Partido Popular da provincia da Coruña presentou este sábado a boa parte dos seus candidatos ás alcaldías da área de Santiago de Compostela co obxectivo de que “teñan tempo para recoller as inquietudes dos cidadáns” e “trasladar as ganas de traballar e o bo equipo que ten o PP”.

   Así o destacou este sábado o presidente do PP provincial, Carlos Negreira, en declaracións aos medios de comunicación durante o acto de presentación organizado pola formación popular en Teo (A Coruña).

   “Somos a primeira forza política que presenta os seus candidatos porque creemos que é importante que dispoñan de todo este tempo para recoller as inquietudes dos cidadáns”, asegurou antes de considerar que, este feito, evidencia tamén que o PP é “un partido unido que, máis aló das leas nos que andan outros, dedica todo o seu tempo a traballar polos cidadáns”.

   No acto foron presentados a maioría dos candidatos ás alcaldías dos 27 municipios que compoñen o partido xudicial de Santiago de Compostela, con excepción dos nomes que ocuparán a cabeza das listas nas cidades. “Os candidatos a alcaldías das cidades presentarémolos a finais de ano”, explicou.

   Con todo, sobre esta cuestión, avanzou que nos casos de Ferrol, Santiago e A Coruña, os cidadáns “teñen poucas dúbidas” de quen serán os candidatos. “En todo caso, oficialmente, por seguir as pautas, do mesmo xeito que en todas as demais cidades serán nomeados oficialmente a finais de mes”, precisou.

SEIS CARAS NOVAS

   En concreto, o Partido Popular presentou a seis novos cabezas de lista para os concellos de Val do Dubra –Ramón Varela–, Frades –Roberto Rei–, Boqueixón –Ovidio Rodeiro–, Mesía –Adolfo Grobas–, Brión –David García–, e Oroso — Alexánder Doval–.

   O resto dos consistorios manteñen aos seus candidatos, á espera de concretar o equipo de Arzúa. Ademais, en Trazo e na Baña esperan “recuperar a alcaldía” aínda que teñen un proceso xudicial pendente.

27 de setembro de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.