publicidade hoxe

Novo centro de recepción de visitantes no parque natural das Fragas do Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMonferoPortada dereita
A-
A+
Imaxe do novo centro de recepción de visitantes no parque natural das Fragas do Eume

Imaxe do novo centro de recepción de visitantes no parque natural das Fragas do Eume

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pon en servizo hoxe un novo centro de recepción de visitantes no parque natural das Fragas do Eume, no chamado Portal de Monfero, situado nas proximidades do mosteiro cisterciense do mesmo nome, no lugar denominado A Casa do Campo.

Esta infraestrutura de uso público é o resultado dunha colaboración entre varias institucións públicas e privadas. A obra iniciouse no 2008, froito dun convenio de colaboración en materia de espazos naturais entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a fundación La Caixa, cun orzamento de algo máis de 410.000 euros. Este acordo económico compleméntase con outro convenio de cesión do inmoble por parte do Concello de Monfero.

A parcela ten unha superficie total de 20.585 m2. na cal se sitúa a edificación rehabilitada e destinada a centro de visitantes do parque natural e que conta cunha superficie útil total de 259,05 m.2, dividida en varias estancias para o seu uso compartido entre o concello de Monfero e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Con esta nova instalación amplíase a oferta do parque natural para o desenvolvemento de actividades de información e divulgación ambiental aos visitantes do espazo protexido e do mosteiro de Monfero.

O centro de visitantes conta xa cunha exposición sobre os valores naturais e etnográficos do espazo protexido, sala de proxeccións e unha aplicación informática coa información máis relevante do espazo natural. A apertura do mesmo ao público terá lugar en diferentes horarios segundo a época do ano e a demanda de visitantes.

19 de setembro de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.