publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Autorízase o cambio de titularidade de varios treitos autonómicos a prol do Concello de Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdidoGaliciaLocal Portada
A-
A+

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade de varios treitos antigos das estradas autonómicas As Felgosas-Esteiro (AC-102), As Felgosas-Espiñaredo (AC-110) e Ferrol-límite provincia-San Cibrao (AC-862) a prol do Concello de Cerdido.

Cómpre lembrar que o cambio de titularidade a prol do Concello de Cerdido supón a cesión de sete tramos antigos da estrada AC-102 (As Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566)) comprendidos entre os puntos quilométricos: p.q. 0+570 ao 0+700, 0+810 ao 0+880, 1+090 ao 1+160, 1+700 ao 1+780, 2+100 ao 2+300, 5+540 ao 5+840 e 6+140 ao límite de concello.

Tamén se prevé a cesión de dous tramos antigos da estrada AC-110 (As Felgosas (AC-862)-Espiñaredo (AC-861), comprendidos entre o p.q. 0+495 e o 0+850 e desde o p.q. 4+930 ata o 5+340. Por último, tamén se cambia a titularidade do tramo antigo da estrada AC-862 (Ferrol-límite provincia), na actualidade denominado estrada AC-135 (AC-862–Ponte Bardelas–AC-862), de 1.010 metros de lonxitude.

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello de Cerdido deberá incorporar ao seu Plan de estradas as vías ás cales se refire este decreto.

A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Correspóndenlle ao Concello de Cerdido, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

18 de setembro de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.