publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres detidos e 27 puntos de sutura nunha disputa polo recoñecemento dunha filla en Begonte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonteLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha disputa polo recoñecemento dunha filla no seo dunha familia de etnia xitana concluíu coa detención de tres persoas por un delito de lesións.

Os feitos sucederon o mércores sobre as 21,00 horas no municipio lucense de Begonte, segundo informou a Garda Civil a través dun comunicado.

En concreto, os detidos foron o home ao que se lle reclamaba a paternidade, de 60 anos de idade; a súa parella, de 51; e o noivo dunha das súas fillas, de 33 e veciño de Rábade (Lugo).

Os tres, segundo o relato do Instituto Armado, agrediron á muller que solicitaba ser recoñecida formalmente como filla -unha veciña de Sandias (Ourense)- e a un dos seus fillos, que a acompañou até a vivenda do home de 60 anos agora detido.

27 PUNTOS

Máis en detalle, a muller de 51 anos agrediu cunha navalla nas mans e no antebrazo á muller que reclamaba a paternidade á súa parella, mentres que o “presunto pai” lle propinou “varios golpes” cun bastón. Por todo iso, recibiu 20 puntos de sutura no Hospital Lucus Augusti.

Ademais, un dos fillos desta muller recibiu un corte coa navalla -polo que necesitou sete puntos- e diversos golpes co citado bastón.

28 de agosto de 2014 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.