publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado un incendio en Laza que arrasou con 4,5 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLazaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+
Incendio en Laza (Ourense)

Incendio en Laza (Ourense)

Un incendio que arrasou, segundo as estimacións provisionais, 4,5 hectáreas no municipio ourensán de Laza quedou controlado dúas horas despois de que se declarase, ás 16,25 horas.

   Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse na parroquia Castro de Laza, do mencionado municipio, situado na comarca de Verín.

   Para os labores de extinción e control mobilizáronse un técnico, tres axentes, oito brigadas, cinco motobombas, unha pa, catro helicópteros e cinco avións.

   Pola súa banda, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente informou da súa participación na extinción deste lume, que consistiu, de entre os medios mobilizados, en desprazar dous avións anfibios Canadair, de 5.500 litros de capacidade de descarga, que saíron da base de Lavacolla, xunto con outros dous de carga en terra, de 3.100 litros, procedentes da base de Xinzo de Limia.

   Dependente do ministerio tamén participa unha Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF), que loita contra o lume desde o terreo, unha zona de piñeirais de difícil acceso. De maneira complementaria, enviouse á zona unha Unidade Móbil de Meteorología e Transmisións.

18 de agosto de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.