publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa falecida tras ser arrastrada por un tren en Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa faleceu este xoves ao ser arrastrada por un tren no termo municipal de Cerceda (A Coruña), debido ao que o convoi estivo detido durante unha hora.

Segundo informaron fontes de Renfe e do 112, o suceso tivo lugar sobre as 12,05 horas na saída de Cerceda, na liña Santiago-A Coruña na zona do apeadeiro de Meirama.

Foron mobilizados o 061, o helicóptero medicalizado con base en Santiago, Protección Civil e a Garda Civil. Foi un tren de media distancia que partiu de Vigo ás 10,30 horas o que arrastrou a persoa.

Ás 13,05 horas o convoi continuou a marcha, segundo concretaron fontes de Renfe, que precisaron que como na zona da bobina hai dobre vía a circulación ferroviaria non se viu afectada.

3 de xullo de 2014 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.