publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un xoven de Maside ingresa en prisión tras fuxir cun coche roubado no Carballiño e tentar atropelar a varios axentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMasideO CarballiñoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

J.J.D., de 27 anos e veciño de Fontela, na localidade ourensá de Maside, ingresou en prisión despois de fuxir da Garda Civil nun vehículo roubado no Carballiño e tentar atropelar a varios axentes durante a persecución.

Segundo informa a Garda Civil de Ourense, os feitos sucederon este luns 28 sobre as 22,00 horas, cando un axente da Benemérita destinado no cuartel do Carballiño pero fóra de servizo foi adiantado á altura de Maside por un coche que circulaba a gran velocidade.

O vehículo, explica a Garda Civil, coincidía cun roubado ao mediodía no Carballiño, polo que o axente deu alcance ao coche e iniciou unha persecución, tras dar aviso á central, que activou un dispositivo para deter ao individuo.

No control policial, o mozo tentou atropelar a varios axentes e, de acordo co relato da Benemérita, deuse de novo á fuga. Nun segundo control xa no centro urbano, a Policía Local pechou o paso mediante o cruzamento de varios vehículos sobre a vía e o axente que viña na persecución inmobilizou pola parte traseira o vehículo roubado.

Ao detido impútanselle dous supostos delitos de furto de uso de vehículo a motor, un de atentado contra axentes da autoridade, outro contra a seguridade do tráfico -ao conducir sen carné- e tres de roubo con forza.

30 de xullo de 2014 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.