Un traballador resulta ferido tras recibir unha descarga eléctrica en Cartelle
Un home de 33 anos resultou ferido de gravidade este xoves na localidade ourensá de Cartelle tras sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaba nun poste eléctrico.
Segundo informou o 061-Galicia, a alerta activouse ás 10.29 horas deste xoves, indicando que un traballador de Fenosa recibira unha descarga eléctrica de 20.000 voltios. Como consecuencia da descarga eléctrica, o home sufriu unha parada cardiorrespiratoria.
Até o lugar do suceso desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, o helicóptero medicalizado do 061 e persoal sanitario do CSE de Cartelle. Tras reanimar ao home, foi trasladado ao hospital Nosa Señora do Cristal.