publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un camioneiro resulta ferido grave nun accidente en Maside

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMasidePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un camioneiro resultou ferido grave na tarde deste martes tras chocar contra un turismo cando circulaba polo termo municipal de Maside (Ourense), segundo informa o CAE 112 Galicia.

O home quedou atrapado no interior do camión de transporte de material de construción no que tivo un accidente ao redor das 16,50 horas cando circulaba pola estrada que une a Maside coa Carrasca.

O camioneiro tivo que se excarcerado por efectivos de Protección Civil do Carballiño e debido á gravidade das feridas requiriuse a presenza dun helicóptero medicalizado con base en Ourense que tomou terra no propio lugar do accidente. Ao lugar tamén acudiron tras chamadas de particulares efectivos da Garda Civil, entre outros.

29 de xullo de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.