publicidade hoxe

O alcalde de Boborás declara no caso contra Baltar alegando que ás veces se está ao bordo da lei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoborásGaliciaOurensePortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, declarou este xoves como testemuña no xuízo por un delito continuado de prevaricación do expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, onde manifestou que á hora de contratar persoal hai que cumprir a lei, pero que nalgúns casos “se”está aí, no bordo”, segundo admitiu.

Caamaño foi un dos 14 alcaldes que declararon na cuarta xornada do xuízo do expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, que ocupa o banco dos acusados por un delito continuado de prevaricación.

Dos rexedores convocados, catro non o eran en 2010, ano no que se Baltar asinou oito decretos para 104 contratos entre os meses de xaneiro e marzo, denunciados en 2010 polo grupo socialista provincial no xulgado e investigados tres anos despois, a raíz dunha querela presentada polo fiscal.

O rexedor de Boborás recordou que ocupa o cargo dende 1991 e explicou, a preguntas da acusación popular que representa o PSOE, que os alcaldes recorren á Deputación porque os concellos non poden facer contratos agora, e “sempre se obtén algún resultado, antes ou despois”.

Como alcalde, afirmou que hai “moitos anos” contratou veciños “que pediron traballo verbalmente”. “Para min era o máis normal se se necesita persoal por vía urxente, claro que hai que cumprir a Lei, pero hai casos nos que se está aí, ao bordo,” detallou en alusión ao método de petición de traballadores usado polos alcaldes, que coincidiron en que facíase directamente ao daquela presidente da Deputación de Ourense e de forma verbal.

INUNDACIÓN

O xuízo de Baltar comezou este xoves unha hora despois do previsto debido á inundación da parte oeste do edificio xudicial, causada pola rotura dun retrouso nun baño da cuarta planta.

Durante a sesión, a xuíza do Xulgado do Penal número 1 non fixo ningún receso o que permitiu que declarasen en catro horas un total de dez alcaldes, cUatro das testemuñas que non compareceron en días anteriores, e a outros catro rexedores na actualidade, pero que non o eran no ano 2010. A estes últimos, convocados polo sindicato Mans Limpas, non lles tomou declaración ao saber que ocupan o cargo dende 2011, ano posterior ao das contratacións xulgadas.

3 de xullo de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.