publicidade hoxe

Liberan ao condutor dun turismo en Pontedeume que quedou atrapado tras unha colisión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeumePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os bombeiros do Eume excarceraron na tarde deste xoves ao condutor dun turismo que quedou atrapado despois de impactar contra outro vehículo na AC-144, á altura do quilómetro 2, na localidade coruñesa de Pontedeume.

Unha vez liberado, o ferido foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Arquitecto Marcide, segundo informa nun comunicado o centro de emerxencias 112.

Foi un dos propios implicados no accidente o que deu a voz de alarma ao 112 cando pasaban apenas 10 minutos das catro. Indicou que a persoa tiña dificultades para abandonar o vehículo, polo que emerxencias solicitou a intervención dos bombeiros e do GES de Mugardos.

Así mesmo, segundo sinala o 112, foron informados axentes da Garda Civil e da Policía Local e efectivos dos servizos de Urxencias Médicas.

3 de xullo de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.