publicidade hoxe

Extinguido un conato de incendio forestal no Parque Natural das Fragas do Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonferoPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun conato de incendio forestal rexistrado na parroquia de San Fiz, no concello coruñés de Monfero, que afectou a un eucaliptal no Parque Natural das Fragas do Eume.

O lume iniciouse ás 14:25 horas e deuse por extinguido ás 16:57. A superficie afectada foi arredor de 0,75 hectáreas.

Nos traballos de extinción traballaron 3 axentes forestais, 8 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

27 de xullo de 2014 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.