publicidade hoxe

Un xoven falece en Navia de Suarna tras envorcar o tractor que conducía cando traballaba nunha leira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNavia de SuarnaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 27 anos de idade faleceu nun accidente rexistrado na tarde do mércores ao envorcar o tractor que conducía nunha leira da súa propiedade no municipio de Navia de Suarna (Lugo).

Os feitos tiveron lugar pasadas as 19,00 horas tras envorcar o tractor que manexaba cando traballaba nunha leira da súa propiedade situada na parroquia de Penamil, na localidade de Navia de Suarna.

Tras recibir a alerta do suceso, segundo informou o CAE 112 Galicia, foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico e os efectivos do GES de Becerreá.

Pola súa banda, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia, que confirmou no lugar o falecemento do home, I.F.M., duns 27 anos de idade.

19 de xuño de 2014 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.