publicidade hoxe

A importancia de fomentar a reinserción de mozos a través de actividades agrícolas e gandeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaVal do DubraXuventude
A-
A+
Patricia Ulloa visitou as instalacións da Comunidade Terapéutica de Cernadas

Patricia Ulloa nas instalacións da Comunidade Terapéutica de Cernadas

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, visitou nos últimos días as instalacións da Comunidade Terapéutica de Cernadas -no concello coruñés de Val do Dubra-, pertencente á Fundación Monte do Gozo. A directora destacou a importancia da colaboración entre ambos organismos para fomentar a reinserción de mozos e mozas a través de actividades agropecuarias mediante o Proxecto Home.

Patricia Ulloa coñeceu o traballo que se leva a cabo nos campos de ensaio, nunha superficie de 2.000 metros cadrados cubertos e 8.600 metros cadrados ao aire libre. Nesta superficie realízanse cultivos de produtos hortícolas, que serven para o autoabastecemento de todos os centros do Proxecto Home.

No verán do 2013, a Comunidade Terapéutica ofreceu a posibilidade de que os veciños de concellos limítrofes acudiran para montar a cabalo e outras actividades de hípica. A escola de equitación do centro dispón de máis de 30 cabalos -entre os que se atopan animais de raza Pura Sangue Inglés, Anglo Árabe e Español- e 8 ponis, pensados para os máis novos.

Cabalos de competición

Un dos últimos proxectos postos en marcha é o de cría de cabalos de competición. A finais do ano 2009, o Club Hípico Proxecto Home “As Cernadas” decidiu emprender este proxecto de cría de cabalos de competición de salto. Para isto, adquiriu en Bélxica catro bestas para cría de alto valor xenético, tres de raza Silla Belga (Belgisch Warmbloed Paard) e unha de raza Oldenbburger Springferd.

Así mesmo planificouse a campaña de crías coas bestas que tiñan suficiente idade, inseminándose con seme de moi alto valor. Os animais nados froito deste proxecto comercializaranse para a práctica do deporte.

29 de xuño de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.