publicidade hoxe

A Garda Civil investiga un vehículo calcinado achado nun monte na Veiga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga un vehículo achado calcinado nun monte do municipio ourensán da Veiga, que non se descarta que puidese pertencer ao cidadán holandés desaparecido en xaneiro de 2010.

Segundo informou este mércores o Instituto Armado, o vehículo foi avistado durante a tarde do martes cando o helicóptero da Garda Civil sobrevoaba a zona forestal das Touzas da Azoreira, na Veiga.

As mesmas fontes precisaron que o vehículo estaba nunha zona de piñeiral chamada A Malonga. Unha vez en terra, os axentes puideron comprobar que se trataba dun coche “case calcinado”.

Os investigadores non descartan que puidese ser o vehículo do holandés desaparecido en xaneiro de 2010 en Petín, no municipio da Rúa (Ourense), Martin Verfondern. A súa procura reactivouse o pasado mes de marzo con resultado negativo.

Ao lugar trasladouse un equipo de Policía Xudicial especial da Dirección Xeral da Garda Civil.

18 de xuño de 2014 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.