Rafael Louzán destaca a profesionalidade do xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Rafael Louzán xunto ao Xefe Superior de Policía de Galicia

Rafael Louzán xunto ao Xefe Superior de Policía de Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu hoxe o xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias, posto que despois de 44 anos de profesión, 41 deles en Galicia, xubílase o vindeiro venres. Con este motivo, Iglesias realizou unha visita protocolaria de despedida ó presidente da Deputación.

Louzán gabou a “altísima profesionalidade e impecable traballo dun policía exemplar que ó longo da súa traxectoria prestou importantes servizos á provincia e a Galicia, sobre todo na loita contra a lacra do narcotráfico, o terrorismo ou os delitos comúns”.

Neste sentido, lembrou que a súa xubilación “coincide cun dato que fala ás claras do seu traballo, como é o descenso do índice de criminalidade en Galicia”.

Pola súa banda, Jaime Iglesias destacou que “agora poderei adicar máis tempo á miña familia e á miña neta, aínda que ocasionalmente impartirei algunha clase na Academia Galega de Seguridade, na Estrada”.

14 de maio de 2014 | 20:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.