publicidade hoxe

Preséntase en Vigo o iBook “Ons: unha illa ocupada” que percorre a súa presenza humana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O CSIC presentou hoxe en Vigo o iBook “Ons: unha illa ocupada”, onde se realiza un percorrido pola presenza humana na illa desde a prehistoria até a actualidade. Esta publicación é froito das investigacións interdisciplinares que realizou na illa desde 2009 o CSIC a través Incipit.

Divídese en cinco capítulos: o arquipélago de Ons e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia; a investigación e o equipo de traballo; as súas xentes; os seus lugares e a súa historia.

Con esta iniciativa, que constitúe o número 2 da serie Anaina, o Incipit aposta por novos formatos para divulgar os resultados das súas investigacións ao gran público e permitirlle interactuar coa información.

14 de maio de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.