Ferido grave un veciño de Ourense tras chocar a súa moto contra un noiro no concello de Patón en Lugo
Un veciño de Ourense resultou ferido de gravidade ao chocar a moto na que viaxaba contra un noiro de roca na N-120, ao seu paso por Pantón (Lugo), concretamente no quilómetro 543-900, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico.
Até o lugar do accidente, que se produciu ao redor das 10,30 horas deste domingo, desprazouse unha ambulancia pero, debido á gravidade do sinistro, o home tivo que ser evacuado en helicóptero.
O home, duns 57 anos de idade, foi trasladado ao hospital de Ourense, onde se atopa actualmente ingresado para recibir atención médica, detallaron as mesmas fontes.