Enmacosa encargarase da recreación de alta precisión en 3D de sete castros da provincia de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra encargou á empresa Enmacosa a recreación de alta precisión en 3D de sete castros da provincia, en concreto os de Santa Tegra, A Lanzada, Adro Vello (O Grove), Monte Castro (Ribadumia), Troña (Ponteareas), Cabeciña (Oia) e Monte Facho (Cangas do Morrazo).
Varios especialistas ds consultoría técnica Enmacosa participaron hoxe nunha sesión de traballo na sede de Turismo Rías Baixas para informar dos últimos avances tecnolóxicos para realizar este tipo de recreacións en tres dimensións de alta precisión de edificios, xacementos, estradas ou elementos patrimoniais.
Un dos técnicos da compañía, Francisco Barca, explicou que as tarefas levaranse a cabo principalmente mediante voos non tripulados con drons, para realizar ortofotografías, imáxes aéreas das zonas nas que poucos elementos se presenten na mesma escala, para evitar erros e deformacións.
Outra das tecnoloxías que se emplearán para levar a cabo eses levantamentos en tres dimensións é o láser escaner, tamén denominado Lidar Terrestre. Con el, os enxeñeiros obteñen sin contacto un modelo xeométricamente exacto do obxecto analizado. Os resultados da toma de datos son nubes de puntos que conteñen unha información moi detallada que posteriormente se procesa co software axeitado para obter a documentación necesaria. A precisión das imaxes obtidas e recreadas é milimétrica.
Esta empresa que se encargará da recreación dos anteditos sete castros da provincia de Pontevedra xa realizou tarefas similares co levantamento en 3D do Castelo de San Antón en A Coruña, a igrexa da Peregrina en Pontevedra, e outros.
A Deputación tomou a decisión de recrear en alta precisión en 3D os castros citados tendo en conta a preservación histórica, a catalogación dos xacementos, a rehabilitación deles, a documentación e o control de deformacións ou patoloxías.
Con esta medida, a Deputación busca consolidar a recuperación dos castros da provincia, o seu aproveitamento turístico e social así como a súa posta en valor.











