publicidade hoxe

Dúas mulleres resultan feridas no choque de dous vehículos en Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValdoviño
A-
A+
Europa Press

Dúas mulleres resultaron feridas este xoves nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar dous vehículos no termo municipal de Valdoviño (A Coruña).

Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar sobre as 10,00 horas cando os vehículos circulaban pola estrada de Freixeiro a Valdoviño, ao seu paso por este municipio coruñés.

O particular que alertou ao 112 Galicia advertiu de que as persoas feridas estaban, ademais, atrapadas, polo que se pasou aviso aos Bombeiros de Ferrol.

De feito, foi necesario cortar a porta dun dos vehículos sinistrados para poder sacar as persoas do interior. O 112 Galicia pediu tamén a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, Garda Civil de Tráfico, GES de Mugardos e Protección Civil de Valdoviño.

En concreto, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 mobilizou dúas ambulancias que levaron ás feridas ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol; unha medicalizada que evacuou unha muller de 53 anos, M.A.G.P., e outra asistencial que trasladou a S.F.A., de 44 anos.

15 de maio de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.