publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario resulta ferido en Cerceda ao caerlle enriba unha lavadora nunha planta de tratamento de residuos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario resultou ferido este martes ao caerlle enriba unha lavadora nunha planta de tratamento de residuos situada no termo municipal de Cerceda (A Coruña).

Segundo informou o 112, o operario resultou ferido nunha perna tras caerlle enriba unha lavadora sobre as 10,45 horas nunha empresa destinada ao tratamento de residuos situada no Polígono de Acebedo, en Cerceda.

Foi Urxencias Sanitarias quen informou ao servizo de emerxencias 112 Galicia, que pasou aviso á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

En concreto, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou ao Hospital San Rafael o operario ferido, A.J.A.R., de 37 anos.

OUTROS LESIONADOS

Ademais, nas últimas horas, outros tres traballaron resultaron feridos noutros tantos accidentes acontecidos nas localidades coruñesas de Narón, Cambre e Vedra.

Segundo precisou o servizo de emerxencias 112, nos tres casos os afectados foron atendidos polos servizos sanitarios a causa de diversos traumatismos.

8 de abril de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.