Pequenas adegas da D.O. Rías Baixas investigan a través dun curso as súas posibilidades en internacionalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Curso para as pequenas adegas da D.O. Rías Baixas

Curso para as pequenas adegas da D.O. Rías Baixas

O CRDO Rías Baixas organiza hoxe e mañá o curso titulado: Como internacionalizar a miña adega. Ditas xornadas teórico-prácticas, que se desenvolven no Pazo de Mugartegui de 9,30 h. a 14 h. da mañá, pretenden reflexionar sobre si as adegas están preparadas para asumir o reto da internacionalización. A idea é ver si cumpren os requisitos necesarios. Para iso estáselles presentando unha guía que lles axude a elaborar o seu plan de exportación para que cada empresa poida facer o seu autodiagnóstico. O profesor, Pablo O. Gómez,  doutor en dirección de empresas, licenciado en Ciencias Empresariais e Máster en Comercio Exterior explica que “o que máis preocupa ás adegas é os trámites a nivel administrativo ou burocrático das exportacións, ou sexa, cuestións factura, aduanas, imposto, loxística”. Outras cuestións que se tocaron son os mellores destinos para exportar ou que resulten máis fáciles, aínda que ben é certo que Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña son os principais destinos precisamente este motivo convérteos en países que poidan estar saturados, porque posúen unha gran oferta de viños desta denominación. Quizá para estas pequenas/medianas empresas preséntanse como mellores destinos países emerxentes, non tan saturados. Falouse de destinos como Holanda, Bélxica, Suíza, con menos competencia. “Ademais hai que ter en conta que é máis sinxelo exportar á Unión Europea para adegas pequenas, porque non ten trámites aduaneiros, non se necesitan certificacións especiais” admitiu o profesor deste curso. Tamén, as adegas interesáronse polos países nórdicos: “aquí rexen os monopolios así que hai que traballar cun horizonte de vendas a longo prazo” engadiu Pablo O. Gómez.

Na actualidade, algunhas das adegas que asisten a este curso xa están a exportar unha porcentaxe pequena da produción e buscan ampliar estas vendas: “É máis sinxelo o proceso para estas adegas, porque a primeira fase, a administrativa, xa a teñen superada. A segunda xa é cuestión de ir rompendo as barreiras dos países elixidos e, tamén buscar a estratexia máis comercial, a forma máis habitual de entrar nun mercado é a través dun importador ou distribuidor no país”.

14 de abril de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.