Os bispos españois transmiten as súas condolencias pola morte de catro mariñeiros no “Mar de Marín”
O bispo de Tui-Vigo e bispo Promotor do Apostolado del Mar de la Conferencia Episcopal Española, monseñor Luis Quinteiro Fiuza, enviou en nome dos prelados españois unha mensaxe de condolencias pola morte de tres mariñeiros e a desaparición doutros dous compañeiros no naufraxio do pasado martes do pesqueiro ‘Mar de Marín’ na Ría de Vigo e o falecemento doutro mariñeiro no incendio do pesqueiro ‘L ‘Escandall’ en Barcelona. Ademais, enxalzan a “nobre profesión” das xentes do mar.
“Non ha pasado nin un mes e unha dobre traxedia no mar golpeou de novo os nosos corazóns”, comeza a mensaxe na que os bispos encomendan a Deus as vidas destes mariñeiros “que pagaron coa súa vida o duro exercicio da nobre profesión das xentes do mar” e dan grazas polos que conseguiron salvarse.
“Un novo sufrimento nestes tempos de crise veu a embazar as nosas vidas. E a nosa mirada crávase de novo no Crucificado, como en moitos outros momentos das difíciles encrucilladas da vida”, subliñan.
Ademais, piden o restablecemento total dos feridos así como o consolo e a forza para todas as familias dos falecidos “para que se recuperen da súa dor inmensa”.
Así mesmo, piden solidariedade coas familias dos afectados e que se lles dean “tódalas axudas sociais pertinentes”. Tamén apuntan que a “vulnerabilidade” das xentes do Mar “debe facer máis atenta a solicitude da Igrexa e da sociedade” no seu conxunto para salvagardar todos os seus dereitos”.











